Asociación Española Contra el Cáncer

AECC
Asociación Española Contra o Cancro

A Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) en Pontevedra nace en 1955. Desde entón loita contra o cancro e lidera o esforzo da sociedade para diminuír o impacto causado pola enfermidade e mellorar a vida de pacientes e familiares de toda a provincia de Pontevedra a través das diferentes sedes con atención presencial.

Traballamos de forma conxunta para educar en saúde, apoiar e acompañar as persoas enfermas e a súa contorna, e financiar proxectos de investigación que permitan un mellor diagnóstico e tratamento do cancro. Somos a entidade privada que máis fondos destina á investigación en cancro.

Constituímos un grande equipo cun único fin e uns mesmos obxectivos, e promovemos a participación cidadá na loita contra o cancro. Temos o firme compromiso de apoiar e prestarlles servizo ás e aos pacientes e familiares, desenvolvemos campañas de prevención en saúde e impulsamos a investigación.

Os nosos servizos

As necesidades das e dos pacientes e familiares durante o período de enfermidade son moi concretas. Por iso, a AECC en Pontevedra desenvolve distintos programas específicos para cubrir as súas necesidades. Actualmente, ofrecemos os seguintes servizos, tanto de maneira presencial coma en liña, de forma totalmente gratuíta a pacientes oncolóxicas e oncolóxicos e á súa contorna:

  • Atención social: axudas económicas, préstamos de material ortoprotésico (camas, andadores, cadeiras de rodas, perrucas etc.), xestión de pisos e residencias para persoas que se desprazan do seu domicilio habitual para recibir tratamento, programa de inserción laboral, alimentos, información e xestión de recursos sociais
  • Atención psicolóxica durante todo o proceso da enfermidade
  • Atención no dó
  • Logopedia: para pacientes con cancro de pescozo e cabeza
  • Exercicio físico oncolóxico: dirixido a persoas recentemente diagnosticadas, en tratamento, con secuelas do cancro coma cicatrices e retracción de partes brandas, edemas, valoración de musculatura respiratoria, valoración do solo da pelve etc.
  • Exercicio físico oncolóxico: dirixido a persoas recentemente diagnosticadas, en tratamento, pacientes con secuelas do cancro
  • Acompañamento no domicilio e no hospital
  • Asesoramento sanitario
  • Asistencia xurídico-laboral
  • Infocáncer: atención telefónica as 24 horas, os 365 días do ano
  • Obradoiros de benestar e de actividade física e social
  • Deshabituación tabáquica
  • Programas e campañas de prevención en saúde
  • Investigación: en 2021 un total de catro axudas á investigación recaeron na provincia de Pontevedra; tres dirixidas a prácticas no laboratorio, cunha dotación de 1.200 € cada unha, e unha con 273.973,51 €, destinada ao estudo sobre o cancro colorrectal realizado polo doutor David Posada

Datos de contacto

Dirección: rúa Eduardo Pondal, núm. 64 A, baixo, 36003 Pontevedra