Asociación en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra
ASPANAEX
- Vigo
- 986 208 395 e 986 213 629
- administracion@aspanaex.org
- www.aspanaex.org/
A Asociación en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (ASPANAEX) foi fundada o 5 de xullo de 1963 por un grupo de familias que tiñan unha filla, un fillo ou un familiar cunha discapacidade intelectual. Nos seus inicios era unha asociación que asesoraba as familias, pero co paso do tempo converteuse nunha entidade que lles ofrece servizos ás persoas con discapacidade e ás súas familias en función da idade e da necesidade de apoio.
Persoas destinatarias
Nenas, nenos, mozas, mozos e adultos con discapacidade intelectual e as súas familia.
Misión
Contribuír para que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias poidan realizar o seu proxecto de calidade de vida atendendo ás súas necesidades e promover a súa inclusión na sociedade.
Valores para cumprir a misión:
- Respecto ás necesidades da persoa
- Empatía
- Comportamento ético
- Traballo en equipo
- Compromiso cos resultados
- Apertura ao cambio
- Mellora continua
- Solidariedade
- A universalidade no seu conxunto
Servizos que oferta:
- Colexio de educación especial
- Servizo diúrno-terapéutico (centro de día)
- Fomento da autonomía persoal
- Coidado do benestar físico e emocional
- Inclusión social
- Servizo diúrno terapéutico-ocupacional (centro ocupacional)
- Fomento da autonomía persoal
- Coidado do benestar físico e emocional
- Inclusión social
- Aprendizaxes prelaborais (obradoiro de hortofloricultura, decoración, bixutería, papel reciclado, obradoiro de manipulados)
- Vivenda tutelada
- Servizos transversais: psicoloxía, logopedia, fisioterapia, actividades físico-deportivas, comedor, transporte e atención a familias
Datos de contacto
Rúa Mestres Goldar, 18, 36213 Vigo