Asociación Diversidades Acolle

Asociación Diversidades Acolle

A Asociación Diversidades Acolle transforma a vida das persoas, contribúe a unha sociedade máis xusta, igualitaria e equitativa baseada no respecto á diversidade, coma motor do cambio, do progreso humano e do desenvolvemento social, mediante a concienciación cidadá, a influencia nas decisións políticas e a calidade da súa  intervención social.

Pretende ser un referente de Galicia no campo das migracións e no asilo, coma un axente transformador e independente en favor da xustiza social. Quere ofrecerlles oportunidades ás e aos adolescentes e mozos migrantes para poder desenvolver os seus propios proxectos de vida na nosa sociedade. As súas accións dirixen ao desenvolvemento integral das persoas migrantes e asiladas, das súas oportunidades e da súa participación na sociedade. Ten presente a perspectiva de xénero, porque a vulnerabilidade social se acentúa máis nas mulleres migrantes e asiladas, e emprega un enfoque comunitario para apostar por modelos inclusivos.

Persoas destinatarias

Destinatarias principais

  • Persoas migrantes
  • Solicitantes de protección internacional
  • Emigrantes retornadas
  • Mulleres vítimas do tráfico de brancas
  • Segundas xeracións de persoas migrantes
  • Outras persoas con perfil migrante

Outras persoas destinatarias

  • Xente nova en situación de abandono educativo temperán
  • Apoio a persoas en risco de exclusión en procesos formativos e laborais

Actuacións

  • Migracións e inclusión
    • Acollida
      • “Benvidas!”: proxecto de acollida
      • Mediación intercultural
    • Inclusión:
      • “”: mediación e inclusión sociolaboral
      • “Bros”: itinerarios de inclusión para adolescentes e mozas e mozos inmigrantes
    • Educación
      • “Bros”: escola de segunda oportunidade
      • “B-Team”: socialización, adquisición de competencias, reforzo educativo e tempo libre
    • Igualdade:
      • “Donas da Cidade”
  • Protección Internacional
    • Programa de acollida
    • Programa de emprego
    • Programa de persoas vulnerables

Datos de contacto

Rúa García Barbón 36, oficinas 1 e 2, 36201 Vigo