Asociación de Personas Sordas de Vigo

AsorVigo
Asociación de Personas Sordas de Vigo

A Asociación de Personas Sordas de Vigo (AsorVigo) fundouse oficialmente o 17 de abril de 1972, aínda que existen documentos que acreditan que a súa acta fundacional data do 22 de novembro de 1958.

A 31 de decembro de 2021, a entidade contaba cun total de 197 persoas socias, das que 159 son asociadas (persoas xordas) e 38 socias colaboradoras (oíntes ou xurídicas que desexan apoiar a AsorVigo de forma desinteresada).

Obxecto e persoas destinatarias

AsorVigo é una entidade sen ánimo de lucro cuxo principal obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas xordas.

Actuacións

Son servizos propios de AsorVigo:

  • Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos (SILSE)
  • Servizo de Administración e Xestión
  • Servizo de Comunicación

Ademais, nesta entidade préstanse os seguintes servizos da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg):

  • Servizo de Intérpretes de LSE y Guías Intérpretes (SILSE-GI)
  • Servizo de Atención a Persoas Xordas (SAPS)
  • Atención Psicolóxica
  • Servizo de Emprego
  • Formación, Sensibilización e Orientación Educativa
  • Logopedia
  • Videointerpretación
  • Voluntariado
  • Formación en Lingua de Signos Española (LSE)
  • Accesibilidade

Datos de contacto

Rúa Romil, 24, 36202 Vigo