Asociación de Persoas con Discapacidade dos Vales Ulla-Umia
ASDIVALU
- Valga
- 986 559 140
- asdivalu.valga@gmail.com
- asdivalu.wordpress.com/
A Asociación de Persoas con Discapacidade dos Vales Ulla-Umia (ADIVALU), en función dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio, exerce as súas actividades no ámbito da provincia de Pontevedra, en concreto na localidade de Valga.
Leva a cabo as súas accións nun local que dispón o Concello de Valga, na localidade de Baño: o Centro Ocupacional de Discapacitados (CODI).
Obxectivo
O seu obxectivo é promover a participación e a posta en marcha de todas aquelas actividades de carácter cultural, social e laboral que melloren a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.
Depende exclusivamente de subvencións para o seu funcionamento, das cotas de socias e socios e do apoio de persoal da Administración local.
Na actualidade conta entre 18 e 20 socias e socios, e non dispón de persoal contratado.
Persoas destinatarias
Está dirixida a persoas con diversidade funcional.
Actuacións
A asociación adoita promover actividades manipulativas ou artesanais, de musicoterapia, de ocio e tempo libre, e outras relacionadas coa promoción da igualdade entre mulleres e homes.
Fomenta tamén a participación en actividades da comunidade co fin de visibilizar o traballo e as capacidades das persoas con discapacidade.
Datos de contacto
Paredes s/n, 36645 Valga