Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar

APACAF
Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar

A Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar (APACAF) é unha entidade sen ánimo de lucro cuxo fin é mellorar a calidade de vida das persoas con autismo e das súas familias. Ofrece servicios especializados na atención a persoas con autismo a través de proxectos de vida individualizados e centrados na persoa para fomentar a súa autonomía persoal, a súa participación comunitaria e a súa inclusión social, a integración laboral e o mantemento da saúde e do benestar emocional nunha contorna natural, en grupos reducidos e nun ambiente familiar.

Persoas destinatarias

Persoas adultas con autismo e necesidades de apoio xeral, intenso e continuado.
Actuacións

A entidade conta con dous centros de atención na provincia de Pontevedra: A Braña, na Estrada, e A Penagrande, en Moraña.
No centro da Braña préstanse os seguintes servizos:

  • Atención residencial terapéutica os 365 días ao ano para persoas adultas con autismo
  • Ocio e tempo libre nas fins de semana e campamentos de verán para persoas adultas e mozas e mozos con autismo

No centro da Penagrande ofrécese o seguinte servizo:

  • Centro de día para persoas adultas con autismo e diversidade funcional

As actividades están deseñadas por profesionais e dirixidas a acadar os maiores niveis de autonomía persoal, inclusión social e integración laboral das persoas con autismo.

  • Actividades da vida diaria: mantemento da casa, coidado da horta e dos animais etc.
  • Aulas e obradoiros:
    • Informática
    • Psicomotricidade
    • Aula multisensorial ou Snoezelen
    • Formación
    • Comunicación
    • Musicoterapia
    • Curso de natación
  • Saídas de ocio e tempo libre
  • Gozo do medio natural: paseos pola contorna, sendeirismo etc.

Datos de contacto

Placer, 5, 3.º B, 36202 Vigo