Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo-Miño
- Tomiño
- 655 607 935
- sostomino@hotmail.es
- www.sostomino.org
A Asociación Asistencial SOS Tomiño creouse o 13 de febreiro de 2009 e posteriormente pasou a chamarse Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo-Miño, xa que ampliou o seu ámbito de actuación do concello de Tomiño a tres máis: Tui, O Rosal e Oia.
O propósito desta asociación é cubrir as necesidades alimentarias de familias en risco de exclusión social, nunha sociedade na que crecen a desigualdade e a discriminación. Para isto, as e os voluntarios da entidade realizan dúas entregas de alimentos ao mes nos puntos de recollida habilitados en cada concello.
Trátase dunha asociación apolítica e aconfesional que traballa en colaboración cos servizos sociais de cada concello, e está recoñecida moi positivamente por outras asociacións que traballan no eido social, asociacións de veciñas e veciños, empresas, particulares e os propios concellos cos que colabora. En 2022 recibiu o Premio Cidade de Tui na categoría de colectivo, o que recoñece o seu labor solidario e a súa achega á sociedade.
Datos de contacto
Rúa Colón, s/n, 36740 Tomiño