Asociación Amizade
- Pontevedra
- 986 845 250 e 687 969 478
- amizade@asociaciónamizade.org
- www.asociacionamizade.org/web/
A principal misión da Asociación Amizade é acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade. Con isto, a entidade pretende lograr unha sociedade onde calquera persoa poida gozar de todos os seus dereitos, para así facer respectar a súa dignidade e diversidade e favorecer unha contorna social axeitada para un desenvolvemento autónomo e independente.
Persoas destinatarias
Está dirixida a persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra.
Actuacións
- Sensibilización: charlas en colexios e institutos impartidas por voluntarias e voluntarios da entidade sobre a importancia da seguridade viaria e as consecuencias de comportamentos irresponsables nas estradas. De xeito transversal, elimínanse mitos e estereotipos sobre a discapacidade a través dunha visión realista e normalizadora.
- Promoción da autonomía persoal: mediante convenios con servizos de fisioterapia, logopedia ou psicoloxía, entre outros.
- Información e asesoramento: sobre normativa relacionada cos dereitos individuais e colectivos, beneficios do certificado de discapacidade, axudas económicas e técnicas, accesibilidade etc.
- Ocio e tempo libre: obradoiros orientados a fomentar alternativas de ocio inclusivas e a favorecer as relacións interpersoais (ximnasio adaptado, taekwondo, tenis de mesa etc.).
- Incidencia política: contacto con diferentes representantes da política e persoal técnico dos concellos da comarca coa finalidade de transmitirlles a nosa visión do que deben ser as políticas públicas municipais.
Datos de contacto
Rúa Alemaña 23, baixos, 36164 Monte Porreiro (Pontevedra).