Arela
- Vigo
- 986 212 537
- arela@arela.org
- arela.org/
A Asociación Arela ten como misión o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia en risco de exclusión, en situación de desprotección ou en conflito social mediante o fomento de iniciativas de intervención e prevención nestas situacións, de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, e da implicación das persoas que a constitúen.
Actuacións
Na actualidade, a entidade desenvolve os seguintes servizos:
- Coa Xunta de Galicia:
- Servizo de Casas de Familia (seis casas de familia nas catro provincias).
- Servizo de Centros de Atención de Día Integral (dous centros de día).
- Servizos de Centros de Intervención Educativa en Medio Aberto (na provincia de Pontevedra).
- Programa “Preservación Familiar”: comarcas do Barbanza e do Salnés. Coordinación conxunta coa Fundación Meniños deste proxecto piloto.
- Programa “CONVIVE.COMigo” (na provincia de Pontevedra).
- Coa Fundación La Caixa:
- Programa “CaixaProinfancia”: coordinación redes locais de Vigo e Santiago de Compostela e Coordinación Territorial Galicia, Cantabria e Asturias.
- Coa Fundación Barrié de la Maza:
- Programa “Ktorce18”: programa preventivo de condutas infractoras en adolescentes.
Arela asume o compromiso coa infancia e coa mocidade desprotexidas ou en conflito social a través dos seguintes valores:
- Fomento de iniciativas que se adapten ás novas necesidades detectadas.
- Intervención individualizada baseada na flexibilidade e na ausencia de prexuízos.
- Respecto e confianza permanente nas posibilidades e potencialidades das nenas e nenos, adolescentes e mozas e mozos cos que traballamos.
- Profesionalidade cun estilo de intervención baseado no traballo en equipo, na colaboración en rede, na formación continua e na eficiencia.
- Calidade, transparencia e mellora continua na xestión da entidade.
- Implicación e participación dos membros da entidade na toma de decisións.
- Concienciación entre a sociedade da situación da infancia e da mocidade desprotexidas ou en conflito social a través da presenza e do impacto social de Arela.
Datos de contacto
Enderezo: Ernesto Lecuona 11, baixo, 36205 Vigo