Amencer-Aspace

Amencer-Aspace é una asociación creada en 1991 por familias de persoas con parálise cerebral; foi declarada de utilidade pública por unha orde ministerial de abril de 1997.

Actualmente conta con 185 socias e socios numerarios, familias que teñen unha filla ou un fillo con parálise cerebral ou cunha patoloxía afín. No seu cadro de persoal ten 66 traballadoras e traballadores.

Aos centros de Amencer (Pontevedra e Vilagarcía de Arousa) acoden 118 nenos, nenas, mozas e mozos.

O seu fin social é prestarlles atención de calidade ás persoas con parálise cerebral e trastornos neuromotores afíns e responder ás súas necesidades, apoiándoas e acompañándoas no seu día a día.

A súa visión é ser una entidade de referencia sostible e de calidade con recursos suficientes para cubrir as necesidades das persoas con parálise cerebral e trastornos neuromotores, defender os seus dereitos como cidadás de pleno dereito e prestarlles apoio ás súas familias nas diferentes etapas do ciclo vital.

Centros

  • Centro de atención integral Amencer-Aspace Lourizán:
    • Colexio de educación especial
    • Amencer-Aspace (de 3 a 21 anos)
    • Centro de día Amencer-Lourizán
    • Centro de rehabilitación externa
  • Centro de día para a promoción da autonomía persoal e social
    • Amencer-Campolongo
  • Centro de atención integral Amencer-Aspace Vilagarcía de Arousa
    • Colexio de educación especial Princesa Letizia
    • Centro de día e centro para a promoción da autonomía persoal e social Amencer-Vilagarcía de Arousa
  • Centro de atención integral Amencer-Aspace Vigo
    • Colexio de educación especial (destinado a nenas, nenos, mozas e mozos de 3 a 21 anos con patoloxías neuromotoras)
    • Centro de rehabilitación externa (destinado a nenas, nenos, mozas e mozos e persoas adultas a partir de 0 anos con patoloxías de orixe neurolóxica)
    • Centro de recursos

Datos de contacto

Avenida das Camelias, s/n, Pontemuíños, Lourizán, 36153 Pontevedra