Aldeas Infantiles SOS Galicia
- Vigo
- 986 411 115 e 986 411 943
- comunicacion@aldeasinfantilesgalicia.es
- www.aldeasinfantiles.es/galicia
Aldeas Infantiles SOS Galicia é unha asociación de axuda á infancia de ámbito autonómico galego, cuxo obxectivo primordial é integrar familiar e socialmente as nenas, nenos e familias en situación de risco ou desamparo. Impulsamos a súa autonomía e emancipación en igualdade de dereitos e obrigas que o resto das e dos mozos mediante o desenvolvemento dunha política de programas.
Esta entidade traballa na atención directa a nenas, nenos, mozas, mozos e familias en situación de risco, exclusión ou vulnerabilidade social.
O seu marco de actuación está definido pola Convención sobre os dereitos do neno e as Directrices sobre as modalidades alternativas de coidados dos nenos.
Actuacións
A través de programas de prevención fortalecemos as redes familiares, sociais e comunitarias da infancia en risco co fin de evitar a separación de nais, pais, fillas e fillos. Cando esta é inevitable, garantimos un coidado alternativo de calidade mediante programas de protección. Cando as nenas e nenos chegan á maioría de idade, acompañámolos e seguimos ao seu lado e preparámolos para a vida independente desde o programa para mozas e mozos.
- Programas de protección
- Aldea Infantil SOS e casas de familia
Ofrecen unha contorna familiar protectora a nenas, nenos, mozas e mozos de diferentes idades, principalmente grupos de irmás e irmáns que, por distintos motivos, non poden vivir coa súa familia e residen nun fogar SOS con educadoras e educadores de apoio que lles ofrecen a atención, os coidados e o afecto necesarios para o seu desenvolvemento integral.
- Aldea Infantil SOS e casas de familia
-
- Acollemento en familia
Extensa. As técnicas e técnicos do programa traballan coa familia de orixe e coa de acollida como pezas fundamentais para o axeitado desenvolvemento da nena ou do neno acollido. Profesionalizada. Buscamos unha contorna familiar protectora nunha familia allea e con apoio organizativo para a nena ou o neno, onde se lle queira e respecte, e poida establecer vínculos afectivos seguros e contar con redes de apoio familiares e sociais.
- Acollemento en familia
- Programas de prevención
- Centros de atención de día
Ofrecen unha adecuada intervención socioeducativa e integral ao promover estratexias melloran o seu benestar persoal, familiar e social dentro do seu ámbito familiar.- Fortalecemento familiar
Trabállase directamente coas familias para fortalecer e apoderar o sistema familiar co desenvolvemento das competencias e habilidades parentais e coa promoción do bo trato á infancia. - Programa especializado de intervención familiar
Intervencións dirixidas a promover e desenvolver as habilidades e as competencias básicas dentro do exercicio dunha parentalidade positiva.
- Fortalecemento familiar
- Centros de atención de día
- Programa para a mocidade
- Proxectos de tránsito, autonomía, emancipación e servizo de emprego
Danlles resposta ás necesidades individuais das mozas e mozos cos que traballan, apoian o seu desenvolvemento cara á vida adulta para que poidan vivir de xeito autónomo, e favorecen a súa integración social e laboral ata acadar a súa emancipación.
- Proxectos de tránsito, autonomía, emancipación e servizo de emprego
Centros
- Programas de protección
- Aldea Infantil SOS Redondela
- Rúa Aldeas Infantiles, 13, 36818 San Martiño de Ventosela (Redondela)
- Casas de familia
- Casa A: rúa Esperanto, 17, 36204 Vigo
- Casa B: rúa Esperanto, 17, 36204 Vigo
- Programa de apoio ao acollemento en familia extensa
- Segunda travesía do barrio de Ribadavia, 1, 36204 Vigo
- Avenida Primo de Rivera, 7, 1.º dereita, 15006 A Coruña
- Rúa Varsovia, 4C, 2.º, 15707 Santiago de Compostela
- Rúa Ramón Cabanillas, 8, entreplanta local 2, 32004 Ourense
- Programa de apoio ao acollemento en familia allea profesionalizada
- Segunda travesía do barrio de Ribadavia, 1, 36204 Vigo
- Aldea Infantil SOS Redondela
- Programa para a mocidade
- Proxectos de tránsito, autonomía, emancipación e servizo de emprego
- Segunda travesía do barrio de Ribadavia, 1, 36204 Vigo
- Proxectos de tránsito, autonomía, emancipación e servizo de emprego
- Programas de prevención
- Centro de día de Redondela
- Rúa Aldeas Infantiles, 12, 36818 San Martiño de Ventosela (Redondela)
- Centro de día de Aragón
- Rúa Aragón, 101, 36206 Pontevedra
- Centro de día de Esperanto
- Rúa Esperanto, 1, 36204 Pontevedra
- Centro de día de Ponteareas
- Rúa Perillana, 6, 36860 Ponteareas
- Centro de día de Redondela
- Programa de familias
- Segunda travesía do barrio de Ribadavia, 1, 36204 Vigo
- Programa especializado de intervención familiar
- Rúa Manuel Núñez, 4, 4.º, 36203 Vigo
Datos de contacto
ALDEAS INFANTILES SOS GALICIA
Segunda travesía do barrio de Ribadavia, 1, 36204 Vigo