Albergue Dignidad Galicia

Albergue Dignidad Galicia é un proxecto que desenvolve a Asociación Dignidad Galicia en Vigo e que se configura como un centro de inclusión e emerxencia social no que se aloxan temporalmente persoas que carecen dun fogar de forma permanente ou eventual.

Persoas destinatarias

Está dirixido a maiores de 18 anos en situación de exclusión ou emerxencia social que, debido a sinistros na súa vivenda, carencias socioeconómicas, problemas de saúde ou graves conflitos convivenciais ou persoais, pasan por unha situación de carencia aguda que inclúe a non disposición efectiva dun fogar ou dun núcleo substitutivo deste.

Capacidade

O Albergue Dignidad Galicia conta con 17 prazas, distribuídas en tres habitacións con armarios individuais e mesas de noite.

Horario de funcionamento e estadía

O centro permanece aberto os 365 días do ano, polo menos durante 12 horas ao día. O horario de entrada ao albergue é de 20 a 22 horas e o de saída, de 8 a 9 horas. As prazas poderán solicitarse de luns a venres de 9 a 12 horas. A duración das estadías é, como máximo, de dez días e, de maneira excepcional, admitiranse estadías máis amplas. Tras a saída, non poden volver usar este recurso ata que pase un mes.

Actuacións:

Acollida e atención social

  • Pernoctación
  • Manutención (almorzo e cea)
  • Unidades de hixiene
  • Roupeiro de emerxencia
  • Lavandería
  • Consigna
  • Enderezo postal e empadroamento
  • Obradoiros, co fin de apoiar a inclusión social básica e a transición ao emprego

Datos de contacto

Rúa Toledo 9, baixo, 36205 Vigo