Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y Otras Demencias de Galicia
Afaga Alzheimer
- Vigo
- 986 229 797
- afaga@afaga.com
- afaga.com/
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y Otras Demencias de Galicia (Afaga Alzheimer) é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1994 logo da mobilización espontánea da contorna familiar de doentes de alzhéimer, a raíz da desorientación e da falta de información que existía naquel momento respecto desta enfermidade.
Entre os seus fins máis destacados están ofrecerlles atención, orientación, formación e información a persoas con alzhéimer ou con outras demencias, aos seus familiares, a profesionais e á poboación en xeral, así como achegarlles a realidade do alzhéimer ás entidades públicas e privadas para conseguir unha resposta ampla e eficaz ás demandas deste colectivo e estimular e colaborar nas investigacións que se realicen sobre esta enfermidade.
Misión
Defender os dereitos das persoas con alzhéimer ou con outras demencias neurodexenerativas e dos seus familiares, prestando servizos especializados e de prevención, así como desenvolvendo actividades de sensibilización social.
Visión
Ser unha entidade profesionalizada e independente que pretende ser un referente autonómico pola súa especialización, innovación e investigación.
Poboación destinataria
Persoas con alzhéimer e con outras demencias, as súas familias, profesionais do sector, persoas maiores sen deterioración cognitiva e toda a poboación en xeral.
Actuacións
- Programa de acollida
- Programa de atención social
- Programa de atención psicolóxica
- Programa de formación
- Servizo de asesoría xurídica
- Asesoramento en produtos de apoio
- Programa de voluntariado
- Servizo de axuda a domicilio
- Servizo de fisioterapia a domicilio
- Programas de estimulación cognitiva e funcional
- Obradoiro de novas tecnoloxías
- Programa de prevención da deterioración cognitiva "Cultiva a mente"
- Centro de día especializado en alzhéimer Vigo Beiramar
- Unidade de atención diúrna especializada en alzhéimer e noutras demencias no Porriño
- Comunicación e programa de sensibilización social
- Proxectos de investigación
Datos de contacto
Avenida Martínez Garrido, 21 interior, 36205 Vigo