Proxecto expositivo

Máis alá De catro a catro

de Rosendo Cid

Do 18 de xaneiro ao 1 de marzo de 2024

Sala Rosalía de Castro, sede da Deputación en Vigo


Máis alá De catro a catro é un proxecto de intervención sobre o coñecido poemario de Manuel Antonio, De catro a catro (1928), co fin de extraer “novos poemas” dentro dos propios poemas orixinais nun sentido, ao mesmo tempo plástico e poético, e obxectualizar cada páxina dos dezanove poemas que forman esta obra de gran transcendencia na poesía galega; para iso adopta unha “actitude vangardista” influída polo manifesto que redactara en 1922 o propio Manuel Antonio, Máis alá. Deste xeito, esta é unha proposta plástica e de “escritura” diferente e suxestiva que trata de amosarlle ao público e de reivindicar non só a transcendencia da obra poética de Manuel Antonio, senón tamén un modo diferente de achegarse á súa escrita, sempre actual, e á arte e á literatura en xeral como construción mutua, nunha simbiose menos habitual pero posible e pertinente que nos leve cara a novas sensibilidades.

PROXECTO DE