#MEDIONATURAL
Concurso Reacción polo Clima
Loita contra o cambio climático
A Deputación de Pontevedra promove a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais da mocidade da provincia
A Deputación de Pontevedra lanza unha nova edición do Concurso Reacción polo Clima, unha iniciativa que promove a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais froito do enorme talento da mocidade da provincia. O proxecto está destinado a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos.
A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do Concurso Reacción polo Clima, unha iniciativa do Servizo de Cohesión Social e Xuventude que busca promover a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais realizadas pola mocidade da provincia.
Este proxecto está destinado a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos. A duración máxima das pezas será de dous minutos e medio e a institución repartirá 4.000 euros entre os tres mellores traballos.
As persoas interesadas en participar poden presentar as súas solicitudes durante un prazo de dos meses contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
Para calquera aclaración sobre o contido das bases poden dirixir a súa consulta ao seguinte enderezo electrónico: cohesionsocialxuventude@depo.gal
Persoas destinatarias
Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
- Persoas físicas
- Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos na data de presentación da solicitude
- Estar empadroadas en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra
- Persoas xurídicas
- Ser entidades sen ánimo de lucro que teñan a súa sede social na provincia de Pontevedra
- Que polo menos o 50 % das persoas administradoras ou membros da xunta directiva sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos
Premios e formato
Os premios convocados están dotados cun importe de catro mil (4.000,00) euros:
- Primeiro premio: 2.400,00 euros
- Segundo premio: 1.000,00 euros
- Terceiro premio: 600,00 euros
Os traballos serán en formato audiovisual, e admitirase calquera tipoloxía empregada pola mocidade nas redes sociais ou medios de difusión de natureza similar (por exemplo, Instagram, TikTok, Youtube etc.).
A duración máxima do vídeo será de dous minutos e medio.
Vídeos premiados edición 2020
(IN)CONSCIENTE
Manuel Albariñas
O cambio climático, non pases de largo
Carmen Villanueva Ansedes
Pequenos xestos, grandes cambios
Ana Isabel González Vieites