#PríncipeFelipe

Centros Príncipe Felipe

Centro Escuela-fogar, Centro Infantoxuvenil Agarimo e Centro Maternoinfantil

Os centros de Príncipe Felipe, dependentes da Deputación de Pontevedra, é un organismo público que atende menores que se atopan en situación de risco ou desamparo ou que pertencen a familias con dificultades sociais e que ingresaron tanto a través da Consellería coma da institución provincial


Centros

  • Centro Escuela-fogar e Centro Infantoxuvenil Agarimo: acollen a menores de ambos os sexos de entre 8 e 18 anos, que se distribúen en cinco unidades de convivencia segundo as súas características e a súa idade. As e os menores están escolarizados, con carácter xeral, en centros comúns da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situados no concello de Pontevedra
  • Centro Maternoinfantil: acolle a menores de ambos os sexos de entre 0 e 8 anos, que se distribúen en cinco unidades de convivencia segundo as súas características e a súa idade. Atendendo a este último criterio, as e os menores con idade superior a 3 anos escolarízanse en centros comúns da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situados no concello de Pontevedra

Contan con servizos xerais, como son:

  • atención médica
  • cociña-comedor
  • transporte desde e ata os centros de escolarización
  • asistencia social
  • asistencia psicolóxica
  • servizo de limpeza
  • lavandería
  • roupeiro

Ademais, cada unidade de convivencia dispón de infraestrutura e de espacios como:

  • patio exterior
  • sala de xogos
  • sala de televisión
  • comedor
  • cociña
  • dormitorios
  • aseos
  • almacén

Por outra banda, desenvolven durante todo o ano actividades para as súas e os seus integrantes (piscina, fútbol, ximnasia rítmica etc.), aproveitando os recursos dispoñibles dentro das instalacións do Centro Príncipe Felipe, ademais doutras accións puntuais en datas significativas (Samaín, Nadal, Entroido ou fin de curso, entre outras).

Modalidades de permanencia

Réxime de atención diúrna

Este servizo de acollemento residencial diúrno procura preservar e potenciar a integración familiar natural como primeiro e principal recurso de protección, ademais de garantir as necesidades básicas. É un servizo alternativo á separación das e dos menores do núcleo familiar . Está dirixido a menores que pertencen a familias con dificultades para atendelos durante a xornada laboral. A súa actividade asegura que as súas necesidades básicas queden cubertas

Réxime de acollemento residencial

Ten como finalidade atender a aquelas persoas menores procedentes de familias con problemáticas de risco psicosocial que, inicialmente abordadas polos servizos sociais comunitarios dos concellos, exceden as posibilidades de intervención destes e non acadan os requisitos necesarios para que se produza unha asunción de responsabilidade por parte da Xunta de Galicia.

Tendo en conta estas premisas, a Deputación de Pontevedra ofrece para estes casos un programa de atención residencial que ten carácter básico e que, suxeito ás posibilidades dos seus recursos humanos e materiais, fixa como obxectivos principais os seguintes:

  • Favorecer os procesos de integración a nivel individual e grupal
  • Promover un cambio de actitudes e condutas para permitir unha eficaz incorporación social
  • Asesorar e orientar a menores e familias sobre problemas ou necesidades concretas
  • Proporcionar estratexias e recursos para o afrontamento de situacións problemáticas e/ou de risco social
  • Garantir para as persoas menores a satisfacción das necesidades básicas cunhas axeitadas condicións de saúde, hixiene e nutrición
  • Contribuír a evitar o absentismo escolar
  • Colaborar coas familias na protección e na educación
  • Contribuír á capacitación das persoas menores para a elección libre e progresiva entre diversas opcións que a vida actual ofrece
  • Facilitar a apertura das e dos menores cara aos demais e contribuír a unha relación positiva coa súa contorna
  • Garantir o cumprimento dos obxectivos marcados polos diferentes centros residenciais
— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.