#2023
Calendario laboral
Festas laborais de carácter local
De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 139/2022, do 21 de xullo, da Xunta de Galicia, as festas laborais de carácter retribuído e non recuperable no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 serán as seguintes:
- 6 de xaneiro: Epifanía do Señor (Día de Reis)
- 6 de abril: Xoves Santo
- 7 de abril: Venres Santo
- 1 de maio: Festa do Traballo
- 17 de maio: Día das Letras Galegas
- 25 de xullo: Día Nacional de Galicia
- 15 de agosto: Asunción da Virxe
- 12 de outubro: Festa Nacional de España
- 1 de novembro: Todos os Santos
- 6 de decembro: Día da Constitución Española
- 8 de decembro: Inmaculada Concepción
- 25 de decembro: Natividade do Señor
Festas laborais de carácter local
Ao abeiro do disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, artigo 2 do Decreto 139/2022, do 1 de xullo e o artigo 1.11.º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, a proposta do Pleno dos respectivos concellos, as seguintes festas de ámbito local:
- AGOLADA
- 29 de xuño: San Pedro e San Paulo
- 30 de xuño: San Pedro e San Paulo
- ARBO
- 11 de xullo: San Bieito
- 16 de agosto: San Roque
- BAIONA
- 3 de marzo: Festa da Arribada
- 26 de setembro: San Cosme e San Damián
- BARRO
- 16 de xuño: Festa do Viño
- 29 de setembro: Romaría de San Breixo
- BUEU
- 23 de febreiro: Día de Rosalía
- 11 de novembro: San Martiño
- CALDAS DE REIS
- 23 de xuño
- 16 de agosto: San Roque
- CAMBADOS
- 11 de xullo: San Bieito
- 18 de xullo: Santa Mariña
- CAMPO LAMEIRO
- 13 de xuño: Santo Antón
- 29 de setembro: San Miguel
- CANGAS
- 31 de marzo: Venres de Dores
- 28 de agosto: Luns do Cristo
- CAÑIZA, A
- 29 de maio: Romaría das Pascuillas
- 21 de setembro: Romaría da Virxe da Pena de Francia
- CATOIRA
- 10 de xullo: Santo Antón na parroquia de Catoira
- 14 de agosto: Santa Baia na parroquia de Oeste
- CERDEDO-COTOBADE
- 31 de xullo: festividade do Ecce-Homo
- 21 de agosto: San Roque
- COVELO
- 29 de maio: Festa das Pascuillas
- 13 de outubro
- CRECENTE
- 21 de febreiro
- 29 de xuño: San Pedro
- CUNTIS
- 11 de xullo: San Bieito
- 18 de agosto: San Antón
- DOZÓN
- 17 de xullo: Luns da Virxe do Carme
- 4 de setembro: Luns da Pena de Francia
- ESTRADA, A
- 26 de xuño: festas patronais San Paio
- 27 de xuño: festas patronais San Paio
- FORCAREI
- 28 de agosto: Luns de Dores
- 10 de novembro: San Martiño
- FORNELOS DE MONTES
- 10 de abril: Luns de Pascua
- 10 de agosto: San Lourenzo
- GONDOMAR
- 11 de xullo: San Bieito
- 16 de agosto: San Roque
- GROVE, O
- 17 de xullo: Nosa Señora do Carme
- 10 de novembro: San Martiño
- GUARDA, A
- 14 de agosto
- 23 de setembro: Santa Trega
- ILLA DE AROUSA, A
- 7 de xaneiro: San Xulián
- 21 de febreiro: Martes de Entroido
- LALÍN
- 25 de setembro: festas patronais da Virxe das Dores
- 26 de setembro: festas patronais da Virxe das Dores
- LAMA, A
- 27 de xullo: San Xoaquín e Santa Ana
- 4 de agosto: Festa das Ermidas
- MARÍN
- 22 de febreiro: Mércores de Cinza
- 8 de setembro: Virxe do Porto
- MEAÑO
- 11 de xullo: San Bieito
- 13 de decembro: Santa Lucía
- MEIS
- 10 de abril: Luns de Pascua (Nosa Señora das Cabezas)
- 11 de xullo: San Bieito
- MOAÑA
- 10 de abril: Os Remedios
- 11 de novembro: San Martiño
- MONDARIZ
- 29 de maio
- 16 de agosto: San Roque
- MONDARIZ-BALNEARIO
- 29 de maio: Festividade da Virxe da Franqueira
- 17 de xullo: Festividade da Virxe do Carme
- MORAÑA
- 19 de xullo: Santa Xusta
- 13 de decembro: Santa Lucía
- MOS
- 13 de xuño: Festa da Rosa
- 7 de agosto: San Mamede
- NEVES, AS
- 29 de xullo: Santa Marta
- 5 de agosto: Nosa Señora das Neves
- NIGRÁN
- 29 de xuño: San Pedro
- 1 de agosto: San Fiz
- OIA
- 29 de maio: Virxe do Mar
- 07 de agosto: San Mamede
- PAZOS DE BORBÉN
- 10 de abril: Luns de Pascua
- 7 de agosto: A Branca Pequena
- POIO
- 24 de xuño
- 17 de agosto
- PONTEAREAS
- 12 de xuño: luns seguinte á festividade do Corpus Christi
- 29 de setembro: San Miguel
- PONTE CALDELAS
- 10 de abril: Luns de Pascua
- 30 de agosto: mércores da Festa das Dores
- PONTECESURES
- 7 de xaneiro: San Xulián
- 3 de xullo: Virxe do Carme
- PONTEVEDRA
- 22 de febreiro: Mércores de Cinza
- 11 de xullo: San Bieito
- PORRIÑO, O
- 11 de xullo: San Bieito
- 25 de setembro: Día do Cristo
- PORTAS
- 21 de marzo
- 10 de abril: Luns de Pascua
- REDONDELA
- 17 de abril: Luns do Cristo
- 8 de xuño: Xoves da Coca
- RIBADUMIA
- 10 de abril: Luns de Pascua
- 2 de xuño: Festa do Viño Tinto
- RODEIRO
- 12 de xuño: Santo Antón
- 8 de setembro: Nosa Señora do Faro
- ROSAL, O
- 21 de febreiro: Martes de Entroido
- 29 de setembro: San Miguel
- SALCEDA DE CASELAS
- 21 de febreiro: Martes de Entroido
- 17 de xullo: Luns do Cristo
- SALVATERRA DE MIÑO
- 12 de xuño: Santísimo Cristo da Vitoria
- 10 de agosto: San Lourenzo
- SANXENXO
- 10 de abril: Romaría do Con
- 4 de setembro: Santa Rosalía
- SILLEDA
- 7 de xullo: Festa do Lacón
- 21 de agosto: Festa da Empanada da Bandeira
- SOUTOMAIOR
- 10 de abril: Luns de Pascua
- 7 de agosto: San Salvador
- TOMIÑO
- 21 de febreiro: Martes de Entroido
- 11 de setembro: Luns do Alivio
- TUI
- 21 de febreiro: Martes de Entroido
- 17 de abril: Luns de San Telmo
- VALGA
- 3 de febreiro: San Brais
- 24 de xullo: Santa Cristina
- VIGO
- 28 de marzo: Día da Reconquista
- 16 de agosto: San Roque
- VILABOA
- 21 de febreiro: Martes de Entroido
- 11 de novembro: San Martiño
- VILA DE CRUCES
- 7 de agosto: Nosa Señora da Piedade
- 8 de agosto: Nosa Señora da Piedade
- VILAGARCÍA DE AROUSA
- 22 de maio: Santa Rita
- 16 de agosto: San Roque
- VILANOVA DE AROUSA
- 21 de febreiro: Martes de Entroido
- 16 de setembro: San Cibrán