Benestar Social

O Servizo de Benestar Social da Deputación de Pontevedra ten por obxectivo  facer efectiva a igualdade de toda a cidadanía, de forma que a poboación adquira un papel activo e teña as mesmas oportunidades.

Desde este servizo preténdense asentar as bases do benestar das persoas, facilitando a liberdade individual e a integración social. Estas bases concrétanse en dous compromisos: apoiar as corporacións locais da provincia que presten servizos sociais comunitarios municipais ( en virtude das competencias atribuídas polo artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local), especialmente ás de menor capacidade económica e de xestión; e apoiar as entidades de iniciativa social que prestan o seu labor no ámbito dos servizos sociais especializados, sociosanitarios.

Para acadalo o Servizo de Benestar Social pon á disposición da cidadanía un conxunto coordinado de liñas de axuda, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación, creando espazos de unión e convivencia, promovendo a igualdade de acceso aos recursos, especialmente aos colectivos máis vulnerables, así como a inclusión e a cohesión social.

información

  • Centro Príncipe Felipe
  • Avenida de Montecelo, 12 - 36161
  • +34 986 804 100
  • benestarsocial@depo.gal