#AXENDA2030

Obxectivo 9

Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sostible e fomentar a innovación

Un dos factores que mide o nivel de desenvolvemento dun país é a evolución das súas infraestruturas e o seu grao de industrialización. De feito, o desenvolvemento de infraestruturas fiables, sostibles e de calidade debe ser un estímulo para a recuperación económica, a calidade de vida e a creación de emprego e constitúe, ademais, unha garantía de vertebración territorial, cohesión social e igualdade de oportunidades.


A consecución dun modelo económico competitivo no que prime a innovación necesita dispoñer dunha rede de infraestruturas adecuadas. De feito, o desenvolvemento de infraestruturas fiables, sostibles e de calidade debe ser un estímulo para a recuperación económica, a calidade de vida e a creación de emprego e constitúe, ademais, unha garantía de vertebración territorial, cohesión social e igualdade de oportunidades.

As administracións tamén deben traballar para reducir a fenda dixital como ferramenta crucial para garantir o acceso igualitario á información e ao coñecemento e para promover a innovación e o emprendemento.

Lograr un acceso fácil e equitativo ás infraestruturas físicas que vertebran o territorio é un dos dous eixes nos que a Deputación de Pontevedra pode actuar no camiño por alcanzar o ODS 9, incluíndo a xestión da infraestrutura viaria da súa titularidade e o apoio aos concellos no mantemento e asfaltado das infraestruturas viarias de titularidade municipal, paralelamente ás competencias relacionadas coa xestión do ciclo da auga.

Ligazóns de interese