#AXENDA2030
Obxectivo 17
Alianzas para lograr os obxectivos
Traballar polo ODS 17 é fundamental para lograr os outros 16. Este ODS busca mobilizar todos os medios de implementación necesarios, financeiros, públicos, privados e doutra índole para reforzar unha Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible, que poña en marcha unha Axenda cuxa natureza ampla e horizontal, ambiciosa e multidimensional debe esixir aglutinar e analizar información de diversos ámbitos das nosas administracións públicas, da UE e doutros actores nacionais e internacionais.
Hai acordo xeral en que as alianzas globais poden converterse en coalicións para a acción orientadas á redución da pobreza e a consecución do desenvolvemento sostible, responsabilidade de todas e todos. A Axenda 2030 é unha axenda internacional, e desde ese punto de vista a cooperación internacional xoga un papel determinante no seu cumprimento.