#AXENDA2030

Obxectivo 1

Poñerlle fin á pobreza en todas as súas formas e en todo o mundo

A Axenda 2030 busca garantir a protección social das persoas en situación de pobreza ou vulnerabilidade social, aumentar o acceso aos servizos básicos e axudar as persoas afectadas por fenómenos climáticos extremos, así como facerlles fronte aos problemas económicos, sociais e ambientais.


A pobreza é un problema de dereitos humanos. Entre as súas distintas manifestacións figuran a fame, a malnutrición, a falta dunha vivenda digna e o acceso limitado a outros servizos básicos coma a educación ou a saúde. O crecemento económico debe ser inclusivo e as administracións públicas teñen que propiciar que non se deixe ninguén atrás.

Ligazóns de interese