Competencias e servizos prestados
-
Competencias e servizos prestados
COMPETENCIAS
O ORAL ten como fins específicos a xestión, recadación e inspección dos recursos de dereito público dos concellos e demais entidades que deleguen a prestación de tales servizos mediante convenios. Para tal fin exércense as seguintes competencias:
- Xestión tributaria de impostos, taxas e prezos públicos
- IBI: imposto sobre bens inmobles
- IVTM: imposto sobre vehículos de tracción mecánica
- IAE: imposto de actividades económicas
- ICIO: imposto sobre construcións, instalacións e obras
- IIVTNU: imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana
- Taxas e prezos públicos (lixo, auga, sumidoiros, taxa do 1,5 %...)
- Inspección tributaria do imposto sobre actividades económicas, imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, imposto sobre construcións, instalacións e obras e taxa por ocupación do dominio público a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral (taxa do 1,5 %)
- Recadación voluntaria e executiva dos ingresos locais de carácter público
- Colaboración na xestión e recadación de sancións de tráfico
- Xestión catastral do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana a través de convenios de prestación de servizos co Catastro inmobiliario
- Asistencia, asesoramento xurídico e información sobre o contido das competencias legalmente asumidas tanto á cidadanía coma ás administracións públicas
SERVIZOS PRESTADOS
Ás persoas contribuíntes
Asistencia, información e asesoramento de carácter tributario e catastral
- De xeito presencial
- De xeito telefónico
- Información a través do correo electrónico
- A través de internet, na páxina web
- A través de internet, na Oficina Virtual Tributaria
Rexistro de documentación
- Rexistro de documentación de contido tributario
- Rexistro doutra documentación
Xestión tributaria e catastral
- Emisión de informes estandarizados
- Emisión de informes non estandarizados que non precisen requirimento de datos e/ ou investigación tributaria
- Emisión de informes non estandarizados que precisen requirimento de datos e/ou investigación tributaria
- Emisión de certificacións tributarias
- Emisión de certificacións catastrais (convenio coa DXC)
- Concesión de beneficios fiscais
- Tramitacións de declaracións catastrais de índole xurídica e físico-económica
- Emisión de duplicados de documentos de pagamento
- Notificación por comparecencia en procedementos tributarios e catastrais
Recadación
- Medios de pagamento
- Pagamento a través de entidades colaboradoras
- Pagamento a través de medios telemáticos
- Domiciliación tributaria
- Fraccionamento de débedas
- Aprazamento de débedas
- Plan personalizado de pagamentos
- Sistema especial de pagamento do IBI
- Notificación da providencia de prema
- Devolución de ingresos indebidos
- Execución da devolución de ingresos indebidos tras a notificación da resolución estimativa
- Compensación de débedas
Resolución de recursos, reclamacións, solicitudes e queixas
- Resolución de queixas
- Resolución de solicitudes de carácter xeral
- Recursos de reposición contra actos de xestión catastral do IBI de natureza urbana
- Recursos contra outros actos de xestión tributaria
- Recursos de reposición contra actos de recadación
- Recursos de reposición contra actos de inspección
- Procedemento especial de revisión de acción de nulidade
- Procedemento especial de rectificación de erros
Servizos electrónicos a través da Oficina Virtual Tributaria
- Servizos electrónicos con certificado dixital
- Servizos electrónicos sen certificado dixital
Comunicación e publicidade coas persoas contribuíntes
- Aprobación y publicación del calendario fiscal
- Aprobación e publicación do calendario fiscal
- Campañas informativas de períodos de pagamento en voluntaria en prensa e redes sociais
- Envío por correo ordinario ás persoas contribuíntes dunha carta de pagamento aos seus domicilios, no caso de non o ter domiciliado
- Envío ás persoas contribuíntes de SMS e correos electrónicos informativos no caso de tributos domiciliados informando dos importes e das datas de cargo na conta
- Envío ás persoas contribuíntes de SMS e correos electrónicos alertando do fin do período voluntario de pagamento no caso de que este non se efectuase
Aos concellos e ás entidades delegantes
Servizos económico–financeiros
- Anticipos mensuais a conta da recadación de impostos
- Anticipos extraordinarios sobre padróns aprobados
- Liquidacións definitivas (voluntaria)
- Liquidacións definitivas (executiva e liquidacións directas)
- Rendición das contas de xestión recadadora
Asistencia técnica e xurídica
- Emisión de informes
- Asesoramento na redacción de ordenanzas fiscais
- Colaboración na tramitación e resolución de recursos administrativos
- Representación nos asuntos do Contencioso-Administrativo
Xestión tributaria
- Recepción e tramitación dos ficheiros de intercambio das administracións estatais con competencias censuais (AEAT, DXT e DXC)
- Elaboración de padróns
- Asesoramento e colaboración material na revisión dos padróns de taxas
- Elaboración de listas de cobro
- Confección de recibos e liquidacións
Recadación
- Asunción de competencias de recadación en vía voluntaria e/ou executiva
- Notificación da providencia de prema
- Tramitación e emisión de dilixencias de embargo
- Comparecencia en procedementos concursais
- Derivación de débedas tributarias ás e aos responsables solidarios e subsidiarios
- Procedementos recadadores contra as ou os sucesores
Servizos catastrais
- Asistencia e información en relación aos procedementos en materia catastral
Inspección tributaria
- Tramitación de procedementos de inspección en materia de IAE, ICIO e taxa do 1,5 %
- Tramitación de procedementos sancionadores derivados da inspección tributaria
Outros ingresos
- Colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico
¿Non atopas o que buscas? Chámanos ao 886 211 400/886 211 420 e te axudaremos a atopar a información que necesitas. Tamén podes mandarnos unha consulta por escrito a través do seguinte acceso: CONTACTA