Estrutura orgánica

Servizos do ORAL

Coa finalidade de levar a cabo a xestión, inspección e recadación no ámbito da provincia de Pontevedra dos recursos de dereito público, tributarios e non tributarios, das entidades locais e demais administracións públicas que efectúen a delegación ou lle encomenden o exercicio desas facultades e funcións á Deputación, así como a xestión de actividades catastrais segundo os convenios e a normativa onde se dispoña isto, a Deputación Provincial de Pontevedra, no exercicio das competencias que lle son propias, constituíu por acordo plenario, de 29 de xuño de 2012, o órgano desconcentrado sen personalidade xurídica propia coa denominación de ORAL.


SERVIZO DE XESTIÓN DE RECURSOS PÚBLICOS
  • Xestión de padróns de taxas, IVTM e IAE
  • Emisión de recibos e liquidacións de taxas, IVTM e IAE
  • Resolución de reclamacións, recursos e solicitudes de bonificación ou exención de taxas, IVTM e IAE
  • Realización de propostas de regularización e emisión de informes
SERVIZO DE XESTIÓN CATASTRAL E TRIBUTARIA DO IBI
  • Tramitación, impulso e seguimento dos diversos expedientes que derivan do convenio de colaboración en materia catastral coa Dirección Xeral do Catastro
  • Elaboración e mantemento dos diversos padróns do imposto de bens inmobles
  • Liquidacións do IBI, así como do IIVTNU
  • Tramitación de recursos contra todos os actos de xestión liquidadora e da devolución de ingresos indebidos de IBI e IIVTNU
  • Tramitación de expedientes de alteracións catastrais de orde xurídica por cambios de titularidade
  • Tramitación de solicitudes de compensación, división de recibos de IBI, beneficios fiscais (de oficio ou a instancia de parte)
  • Actualización do padrón do IBI a través dos procedementos de inspección catastral, así como doutras actuacións de colaboración cuxa execución sexa aprobada polo órgano competente
SERVIZO DE RECADACIÓN
  • Recadación voluntaria e executiva de toda clase de tributos e doutros ingresos de dereito público das entidades locais
  • Proposta do calendario fiscal, control e modificacións dos períodos de cobro
  • Seguimento e control da recadación en período voluntario e executivo
  • Tramitación das solicitudes de compensación con cargo a terceiras persoas
  • Control, supervisión e confirmación das propostas de baixa
  • Emisión de requirimentos de bens dentro do procedemento de prema
  • Tramitación de procedementos e recursos sobre derivacións de responsabilidade, terceirías de dominio ou mellor dereito, solicitudes de aprazamentos e fraccionamentos, devolucións de ingresos indebidos, así como dos recursos propios desta área
SERVIZO XURÍDICO TRIBUTARIO
  • Asesoramento técnico e xurídico, defensa e representación ante os xulgados e tribunais das entidades delegantes, fundamentalmente na xurisdición contencioso-administrativa e mercantil
  • Tramitar os procedementos de revisión de actos administrativos propios do servizo
  • Rexistro xeral e arquivo de documentación
  • Redacción de convenios de delegación
  • Asesoramento aos servizos do ORAL e emisión de informes xurídico-tributarios
SERVIZO DE XESTIÓN PRESUPUESTARIA E CONTABILIDADE
  • Asesoramento económico e contable en materia tributaria
  • Xestión, control e coordinación dos asuntos relativos aos orzamentos, contabilidade e tesourería
  • Fiscalización dos expedientes de contratación administrativa correspondentes a área xestora ORAL e os convenios con contraprestación económica, así como os derivados da xestión tributaria e recadatoria.
  • Control do módulo contable de ROEP (recursos de outros entes públicos) así como o control de ingresos derivados da xestión recadatoria.
  • Rendición de contas ós entes delegantes, así como a tramitación e elaboración das liquidacións e transferencias do produto da recadación.
  • Tramitación da operación de crédito para anticipar aos concellos delegantes as cantidades dos tributos que se recadarán no exercicio. Estes anticipos non supoñen carga algunha para os concellos xa que a propia Deputación asume os intereses que xere a operación de crédito
SERVIZO DE COORDINACIÓN
  • Organización, distribución, control e supervisión de todas as oficinas periféricas do ORAL e do persoal ao seu cargo
  • Estudo e proposta das necesidades de Recursos Humanos do ORAL
  • Tramitación de procedementos de contratación administrativa no seu ámbito de actuación (entre outras, inspección catastral, inspección de taxas ou inspección doutros ingresos de dereito público)
  • Estudo, control, supervisión e mellora dos procedementos tributarios desenvolvidos no ORAL
  • Formulación e desenvolvemento de formación específica en xestión tributaria no posto de traballo
  • Distribución e difusión de información no seu ámbito de actuación
  • Intermediación cos concellos, especialmente co persoal técnico pertencente á área tributaria
SERVIZO DE INSPECCIÓN E PROCEDEMENTOS SANCIONADORES
  • Elaboración e coordinación de plans de inspección dos impostos e taxas
  • Realización de actuacións de comprobación e investigación
  • Exercicio das facultades de verificación de datos, comprobación limitada de valores
  • Xestión e colaboración na inspección de tributos, así como a supervisión dos traballos de revisión dos censos de taxas
  • Tramitación de expedientes sancionadores incoados no exercicio das súas propias funcións
  • Colaboración na xestión de sancións de tráfico e tramitación de multas