Axenda de actividades provinciais

Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Desde 2024-06-27 00:00:00.0 ata 2024-07-07 23:59:00.0
Cangas
Mostra de teatro de Cangas

A 41 edición da Mostra de Teatro Internacional Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) celebrarase entre o 27 de xuño e o 7 de xullo de 2024 para encher a vila morracense de teatro, danza, obradoiros, encontros, presentacións e exposicións. Veciñanza e visitantes poderán desfrutar do mellor das artes escénicas, ben no Auditorio ‘Xosé Manuel Pazos Varela’, ben nas rúas, prazas e outros lugares de Cangas. O festival arrancará o xoves 27 de xuño co pregón da actriz galega Patricia Vázquez.

Información