Axenda de actividades provinciais
Culturgal Expandido
2023-11-23 18:00:00.0
Sede da Deputación en Vigo
![Culturgal](/documents/37861/3308353/culturgal.jpg)
Por primeira vez, Culturgal terá dúas sedes. A Feira das Culturas Galegas é un evento que, ano tras ano, converte a Pontevedra en epicentro da actividade cultural do país. A Boa Vila tórnase capital, pero Culturgal apela a toda Galicia. Con esta idea, este ano busca ampliar o seu territorio de operacións. Así, contará con actividades alén das fronteiras da cidade que o acolleu todos estes anos e denominarase Culturgal Expandido.
Información
Charla Memoria. Alba Garrido + Iria Morgade, ás 18:00 h
Iolanda Zúñiga + Velpister. Narración e Piano, ás 19:00 h
Catuxa Salom. Música, ás 20:00 h