Axenda de actividades provinciais
Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
Desde
Thu Jun 27 00:00:00 GMT 2024
ata
Sun Jul 07 23:59:00 GMT 2024
Cangas
![Mostra de teatro de Cangas](/documents/37861/6284156/mostra_teatro_cangas.jpg)
A 41 edición da Mostra de Teatro Internacional Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) celebrarase entre o 27 de xuño e o 7 de xullo de 2024 para encher a vila morracense de teatro, danza, obradoiros, encontros, presentacións e exposicións. Veciñanza e visitantes poderán desfrutar do mellor das artes escénicas, ben no Auditorio ‘Xosé Manuel Pazos Varela’, ben nas rúas, prazas e outros lugares de Cangas. O festival arrancará o xoves 27 de xuño co pregón da actriz galega Patricia Vázquez.