AUPO 2030

Concurso Caderno da Axenda Urbana

Plan de acción da Axenda Urbana e Rural de Pontevedra


A través da coordinación do propio persoal docente dos centros inscritos, a Deputación proporcionará información coas instrucións previas e o material de consulta da Axenda Urbana.

O persoal docente presentará a Axenda Urbana e os obxectivos do obradoiro para que as e os escolares participen no deseño dun mural ou de viñetas de banda deseñada, onde, a través do debuxo, plasmen o seu propio caderno de Axenda Urbana.

Como participar

A participación realizarase a través dos centros educativos por curso e aula. Deberán indicarse a aula específica que participa e o persoal docente a cargo dela.

A Deputación de Pontevedra poñerá á disposición das persoas participantes un formulario na súa páxina web (www.depo.gal) para realizar a solicitude. Unha vez verificados os requisitos de participación remitirase por correo electrónico o material de consulta; a través deste enderezo deberanse achegar as evidencias do deseño, e máis concretamente:

  • Imaxes, en formato PNG ou JPG, do deseño realizado (máximo de cinco fotografías).
  • Unha breve descrición do deseño (máximo dunha páxina), onde se detallen o contido e o obxectivo ou obxectivos da AUPO2030 nos que se enmarca.

Poderanse presentar as solicitudes de participación ata o 21 de xuño de 2024

Criterios de valoración

  • Adecuación ao obxectivo seleccionado da AUPO2030: 2 puntos.
  • Execución: 25 % da puntuación, ata un máximo de 2 puntos.
  • Orixinalidade: 20 % da puntuación, ata un máximo de 2 puntos.
  • Detalles: 25 % da puntuación, ata un máximo de 2 puntos.
  • Viabilidade: 30 % da puntuación, ata un máximo de 2 puntos.

Premios

  • Primeiro premio: 150,00 € en material escolar
  • Segundo premio: 100,00 € en material escolar

Formulario de solicitude de participación no concurso Caderno da Axenda Urbana