17 MAIO
2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
![Ricardo Carvalho Calero](/documents/37861/4114385/carvalho_calero.png/bf3aef65-9e20-5225-7c65-aa362a6ec4ce?t=1683283518650)
“20-05-1958
Ricardo Carballo Calero, que ven de sofrir a iniciación nos sagros misterios académicos no santuario municipal da Coruña, reverentemente saúda ao arxirocéfalo Bonzo de Galaxia, Grande Lama da Coruxo e Samurai de Lourenzana, e agradece a presencia do seu espíritu naquil apurado trance…”
Epistolario a Fernández del Riego (2006), Ricardo Carballo Calero
Ricardo Carvalho Calero
(Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990)
Foi un escritor, filólogo, lingüista, investigador e profesor galego. Estudou Dereito e Filosofía e Letras. Loitou na Guerra Civil defendendo o Goberno lexítimo da República e padeceu a represión da ditadura franquista. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos, ao Partido Galeguista e formou parte do equipo que redactou o anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi académico da lingua e o primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega.
GRANDES ÉXITOS
1963
![Historia da literatura galega contemporánea](/documents/37861/4114385/carvalho_calero_historia_da_literatura_galega.png/41c52a35-93d4-6177-9595-93c9e7460588?t=1683283518896)
Historia da literatura galega contemporánea (1963) é unha obra enciclopédica na que o autor fai a disección, estuda e compila a nosa literatura no período que vai desde 1808 ata 1936. Tivo unha segunda edición ampliada en 1975.
Scórpio (1987) é unha novela epistolar, escrita en normativa reintegracionista, na que o autor mestura elementos autobiográficos e recordos coa ficción. Obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega no ano da súa publicación.
![Scórpio](/documents/37861/4114385/carvalho_calero_scorpio.png/5ca5ea16-63a1-cb27-bee9-a7340649955c?t=1683283519144)
1987
Outras obras
Vieiros (1931), A xente da Barreira (1951), Sete poetas galegos (1955) e Gramática elemental del gallego común (1966)
“Coñecino no ano 1931 recén chegado eu a Santiago, presentoumo Luis Tobio, desde aquela mantivemos unha longa amizade que nunca se crebou. Daqueles anos teño unha foto con el e con Cunqueiro. Ademais fun dos poucos que lle contestaba as cartas cando estaba na prisión de Xaén na ditadura franquista.”
Francisco Fernández del Riego