Luis López participa na Estrada na presentación do plantel do Estradense, que este ano celebra o seu centenario

30/07/2024

Presentación do plantel do Estradense

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu nesta tarde de martes á presentación do plantel do CD Estradense para a tempada 2024-2025, na que o club celebrará o seu centenario. Neste acto, que se celebrou na Praza do Concello da Estrada, desvelouse a que vai ser a equipación oficial da campaña e se presentaron os xogadores do primeiro equipo, así como o corpo técnico que encabezan os exfutbolistas locais Manuti e Javicho.

O mandatario provincial tivo a oportunidade de conversar cos directivos, técnicos e xogadores do Estradense, aos que lles desexou sorte para a tempada que xa está a piques de comezar e que, sen dúbida, será especial.

A participación do presidente da Deputación neste acto de presentación supón unha nova mostra do apoio do goberno provincial aos clubs da provincia, ao fútbol modesto e ao deporte; un propósito que xa se viña demostrando con iniciativas como a recuperación da Copa Deputación de fútbol masculina e feminina que se volveu disputar nesta recentemente finalizada tempada.

Galerias de imaxes