Luis López amosa en Balaídos, no partido da Selección Galega de Fútbol, o compromiso da Deputación co deporte e coa organización de eventos deportivos de interese xeral

31/05/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este venres no estadio de Balaídos ao encontro amigable de fútbol que enfrontou á Selección de Galicia e a de Panamá, no regreso do combinado galego aos terreos de xogo e que encheu as gradas do coliseo vigués.

A celebración deste encontro, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, supón unha nova mostra do compromiso do goberno provincial co deporte o da aposta pola organización de eventos deportivos de interese xeral que atraian visitantes á provincia.

Galerias de imaxes