A Deputación concede máis de 85.000 euros a Cambados para substituír a cuberta do pavillón polideportivo do Pombal

Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa preto de 3,1 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia

07/06/2024

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe unha nova achega para o Concello de Cambados de máis de 85.000 euros. Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que permitirán ao concello substituír a cuberta do pavillón polideportivo do Pombal. “Con estes recursos - tal e como explicou o presidente provincial, Luis López- temos xa distribuído preto de 3,1 millóns de euros dos 4 aprobados no marco deste Plan. Seguimos así, como todas as semanas, axudando aos concellos da provincia a realizar unha transformación única nos seus equipamentos deportivos”.

Os 87.753 euros que recibe o Concello de Cambados da Deputación de Pontevedra permitirán rematar co mal estado actual no que se atopa a cuberta desta polideportivo, cunha cantidade importante de goteiras que dificultan o uso normal das instalacións polos veciños e usuarios do mesmo. Deste xeito, a actuación consiste na substitución total da cuberta actual, adecuando a estrutura metálica e instalando un panel acústico microperforado.

O concello completará a actuación no pavillón do Pombal coa colocación dun canlón, cumieira e coroacións. Ademais, cos recursos da institución provincial, instalarase unha cheminea de ventilación de aceiro galvanizado.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.