A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra Luisa Sánchez reúnese coa Mancomunidade de Montes de Vigo

10/06/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González, para analizar posibles vías de colaboración de cara á celebración no vindeiro mes de outubro da VIII edición do Trail Montes de Vigo. A proba organizada pola Mancomunidade de Montes de Vigo, que aglutina a 14 comunidades de montes da cidade, retomábase no 2023 tras catro anos en branco.