A vicepresidenta Luisa Sánchez explora vías de colaboración coa Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia

08/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, mantivo este luns un encontro no Pazo provincial co presidente da Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia), José Ramón Caldas, así como coa secretaria xeral da entidade, Sonia Acuña, e un dos seus directivos, Jaime Barreiro. Durante a reunión, a tamén responsable da área de Impulso ao Emprego da institución provincial comprometeuse a estudar posibles vías de colaboración coa entidade, así como a sumar sinerxías para incorporar as reclamacións do sector nos programas e iniciativas provinciais nesta materia.