O deputado provincial Javier Tourís reúnese con responsables da asociación AFAGA e compromete a colaboración da institución provincial para unhas xornadas

24/07/2024

Javier Tourís reúnese con responsables da asociación AFAGA

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e da Finca Areeiro, Javier Tourís, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo con responsables da asociación AFAGA para analizar vías de colaboración e posta en marcha de proxectos conxuntos. Na reunión, Tourís comprometeu a colaboración da Deputación de Pontevedra para organizar a través de Acción Comunitaria unhas conferencias entre setembro e outubro sobre o alzhéimer, o párkinson e outras doenzas.