A Deputación avanza no proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-7004 Alto da Cruz- Matalobos, na Estrada

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, analizou co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, o proxecto no que está xa a traballar o servizo provincial de Infraestruturas

04/06/2024

Mobilidade peonil na estrada provincial EP-7004 Alto da Cruz- Santeles

A Deputación de Pontevedra  avanza no proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-7004 Alto da Cruz- Matalobos, no Concello da Estrada. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, analizou co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, o proxecto no que está xa a traballar o servizo provincial de Infraestruturas.

Couselo e Louzao percorreron un tramo da estrada provincial entre Alto da Cruz e Matalobos na que se vai acometer  unha actuación de mellora da mobilidade peonil. En liñas xerais, os dirixentes estudaron sobre o terreo diferentes aspectos deste proxecto que, entre outras cuestións, contempla a creación dunha senda peonil desde Alto da Cruz.

Durante o percorrido, a deputada de Infraestruturas concretou co alcalde da Estrada os detalles e as demandas e necesidades do Goberno Local para incluír neste proxecto, que está xa a ser redactado polo servizo provincial de Infraestruturas da Deputación.