Luis López acompaña nunha visita polo Pazo provincial aos usuarios da asociación Aspadeza, “un exemplo de traballo pola integración”

10/06/2024

O presidente da Deputación con usuarios de Aspadeza

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns no Pazo provincial a integrantes da asociación Aspadeza, un colectivo sen ánimo de lucro que traballa pola inclusión social e laboral, así como pola mellora da calidade de vida de persoas con discapacidade intelectual.

O mandatario provincial acompañou o grupo formado por unhas vintecinco persoas nunha visita polas distintas estancias da sede da Deputación ao longo da cal foi explicando as distintas funcións que ten o ente provincial e o seu funcionamento. Así mesmo, o presidente respondeu todas as cuestións formuladas polos membros deste colectivo e remataron o encontro cun intercambio de agasallos.
 

Galerias de imaxes