O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez asiste á Xura de Bandeira e entrega de Reais Despachos na Escola Naval Militar de Marín

16/07/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta mañá na Escola Naval Militar de Marín ao acto de Xura de Bandeira das damas e cabaleiros aspirantes de primeiro curso e á entrega de Reais Despachos aos novos oficiais. O acto foi presidido polos Reis de España que estiveron acompañados da Princesa de Asturias, na que foi tamén a súa primeira visita a Marín previa á súa incorporación á escola a finais de agosto.

Galerias de imaxes