O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á presentación do primeiro exoesqueleto pediátrico da provincia

25/10/2024

presentación do primeiro exoesqueleto pediátrico da provincia
presentación do primeiro exoesqueleto pediátrico da provincia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe na sede de Amencer-Aspace en Pontevedra á presentación do primeiro exoesqueleto pediátrico da provincia, que pasa a formar parte dos recursos tecnolóxicos do servizo de rehabilitación externa da asociación de familias de persoas con parálise cerebral e outros trastornos neuro-motores. Domínguez coñeceu así de preto esta innovación robótica, que se adapta ao corpo dos máis pequenos e que, grazas á súa tecnoloxía permite camiñar a nenos e nenas que, doutra maneira, non poderían facelo.