O vicepresidente da Deputación de Pontevedra participa na presentación da Road Pontevedra-Clásica Evaristo Portela

25/09/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra na presentación da Road Pontevedra –Clásica Evaristo Portela, “unha das probas cicloturísticas de referencia no norte de España e Portugal”. A proba, coa que colabora a institución provincial como patrocinadora, naceu en 2017 e, desde aquela, contou coa participación de ciclistas da talla de Miguel Indurain ou Óscar Pereiro.

“Na Deputación –asegurou o vicepresidente- temos claro que o deporte é unha área estratéxica para o desenvolvemento da provincia e estamos a traballar para que Pontevedra poida acoller grandes citas deportivas que nos están a poñer no mapa”. De feito, Domínguez recordou que na anterior edición da Road participaron máis de 300 ciclistas “que puxeron a proba a súa destreza ao tempo que desfrutaron da experiencia inesquecible que regalan as Rías Baixas e os seus montes”.