A vicepresidenta Luisa Sánchez enxalza o traballo e o seu “compromiso co noso territorio” das cooperativas no Día do Cooperativismo Galego

06/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á celebración do Día do Cooperativismo Galego, que se celebrou no CPR Plurilingüe Ángel de la Guarda, da Sociedade Cooperativa Galega La Mendoña, coincidindo co Día Internacional das Cooperativas. No acto, a vicepresidenta enxalzou o traballo e o “firme compromiso co territorio da provincia e da comunidade autónoma” das cooperativas, ao tempo que destacou a súa contribución activa “na dinamización económica e no traballo das nosa contorna”. Por iso, quixo expresar o compromiso da Deputación con elas, “apoiando os diferentes proxectos que poñades en marcha, porque sabemos que facelo é defender o noso territorio e a economía social de Pontevedra”.

No acto entregáronse os premios do Certame Cooperativismo no Ensino e os Premios á Cooperación ao colexio Mendiño, a Árbore Consumo Consciente e á Morada, así como o Premio á traxectoria cooperativa, que recaeu na Carqueixa, aos que Luisa Sánchez aproveitou para felicitar por estas distincións.