A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez reúnese coa directiva da Fundación Celta de Vigo

21/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, reuníronse na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo con Germán Arteta, director da Fundación Celta de Vigo. Na xuntanza, na que a vicepresidenta provincial aproveitou para poñer en valor o traballo desenvolvido pola entidade, analizáronse as diferentes vías de colaboración para poñer en marcha iniciativas conxuntas.