O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, inaugura o X Congreso Nacional de Pacientes Crónicos da Sociedad Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN)

30/05/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de inauguración do X Congreso Nacional de Pacientes Crónicos organizado pola Sociedad Española de Médicos de Atención Primaria SEMERGEN. No encontro, que acolle o Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra ata este venres, está a reunir a diferentes organizacións de pacientes e inclúe debates de actualización sobre diferentes patoloxías, así como obradoiros, exposición de experiencias de pacientes, circuítos de saúde e ferramentas de innovación tecnolóxica na atención primaria.

Galerias de imagenes