A Deputación na inauguración da XXXVI Feira do Moble de Galicia

19/09/2024

A deputada provincial Isabel Couselo participou hoxe na inauguración da XXXVI Feira do Moble de Galicia na Estrada, que estará aberta ata este domingo 22 de setembro, e na que se poderá visitar medio centenar de expositores. A deputada definiu esta cita cultural como "unha auténtica oportunidade para que todos os sectores vinculados ao mundo do moble e do fogar se acheguen á veciñanza e amosen todo o que lles poden ofrecer". Ademais, Couselo aproveitou a ocasión para reafimar o apoio da Deputación, como patroa da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, a esta cita, "vital para a nosa economía", e animou á cidadanía a achegarse esta fin de semana ao recinto feiral da Estrada.

Galerias de imagenes