A vicepresidenta provincial Luisa Sánchez asiste ao partido de playoff entre o Bembrive e o CN Caldes F

08/06/2024

A vicepresidenta provincial Luisa Sánchez asistiu esta tarde ao playoff de ascenso a Primeira División Feminina de Fútbol Sala que enfrontou ao Bembrive e ao CN Caldes F en semifinais. A vicepresidenta provincial felicitou ás xogadoras do Bembrive e ao corpo técnico “polo extraordinario partido e temporada” e animounas a “seguir perseguindo o seu soño”. Ademais, Sánchez aproveitou a ocasión para poñer en valor o éxitos do deporte e, concretamente, do feminino na provincia de Pontevedra, “que está a despuntar en todas as disciplinas o que nos anima a seguir apostando, aínda máis se cabe, por promocionalo e por colaborar cos clubs para engrosar as bases”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.