Luis López participa en Codeseda na Festa da Malla Tradicional, unha cita de interese turístico que contribúe a manter viva a cultura labrega do interior da provincia

O presidente provincial, xunto co alcalde de Lalín, José Crespo; amosou o seu coñecemento sobre os labores do campo participando na demostración da malla

24/08/2024

Luis López participa en Codeseda na Festa da Malla Tradicional

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este sábado na vixésimo quinta edición da Festa da Malla Tradicional que se celebra cada ano en Codeseda, na parroquia lalinense de Doade, e que está catalogada como festa de interese turístico de Galicia. O mandatario provincial percorreu o recinto da festa e, acompañado polo alcalde de Lalín, José Crespo, participou na demostración da malla.

A festa comezou arredor das 11 horas desta mañá de sábado coa apertura da mostra de artesanía, maquinaria e pintura. A continuación tivo lugar a demostración da malla tradicional, que incluíu o carrexo de mollos, malla á pedra, con males ou manual e un acto de entrega de premios aos mellores vestidos de época. Unha charanga precedeu ao inicio do xantar popular e ao Serán da Malla, con actuacións folclóricas.

Desde a Deputación amosan o apoio á celebracións coma esta Festa da Malla Tradicional pola súa importancia para manter viva a cultura labrega e pola súa capacidade para dinamizar a vida social e comercial nas aldeas e parroquias do interior da provincia.

Galerias de imagenes