A Deputación dá un paso máis no impulso ao fútbol feminino da provincia coa organización da final da Copa Deputación o vindeiro 1 de xuño en Poio

O Viajes Interrías de Sanxenxo e o Lóstrego de Gondomar compatirán no campo de fútbol da Seca a partir das 12 horas polo título copeiro provincial

25/05/2024

A Deputación de Pontevedra da un novo paso no apoio ao fútbol feminino da provincia coa organización da final da Copa Deputación de fútbol. A cita terá lugar no campo de fútbol de A Seca, en Poio, o vindeiro sábado 1 de xuño ás 12,00 horas.

O encontro enfrontará ao Viajes Interrías B, de Sanxenxo; co Lóstrego Club de Futbol B, de Gondomar. Ambos os equipos clasificáronse para a final da Copa Federación despois de superar nas semifinais ao CD Valladares e ao Unión Guardesa, respectivamente.

Coa organización de competicións como esta Copa Deputación, o goberno provincial busca potenciar e darlle ao fútbol feminino a visibilidade que merece. Non só apoiando aos clubs da provincia, tamén a través de organización de eventos deportivos como o celebrado o pasado mes de decembro no estadio de Pasarón entre a Selección Española campioa do mundo e o combinado italiano.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.