A Deputación leva este venres ao Edificio Castelao a La Bellemont, cun recital de música barroca francesa no marco das XV Noites de Música Antiga

Este segundo concerto do ciclo terá lugar este venres 12 de xullo ás 19:00 h no Salón de actos do Edificio Castelao con entrada libre ata completar a capacidade

08/07/2024

O Museo de Pontevedra acolle este venres o segundo concerto das XV Noites de Música Antiga. A formación La Bellemont, o ensemble español de referencia na interpretación de música francesa, ofrece o recital ‘Le jeu parlant’, no que soará a música de Marin Marais e Francçois Couperin este venres 12 de xullo ás 19:00 h no salón de actos do Edificio Castelao. O acceso é libre ata completar a capacidade.

Le Bellemont é un o trío formado por Sara Ruiz na viola da gamba, Rafael Muñoz na tiorba e Laura Puerto no clavicémbalo. Foi definido pola crítica especializada como o ensemble español de referencia na interpretación da música francesa. Os seus discos ‘La voix de la viole’ e ‘Plaisir sacré’ acadaron distincións internacionais, como a candidatura aos International Clasical Music Awards. Actualmente preparan o álbum que pechará a súa triloxía discográfica sobre a música barroca francesa, dedicado ás suites para viola da gamba e baixo continuo de François Couperin.

En Pontevedra presentarán o programa ‘Le jeu parlant. A música como discurso sonoro na Francia barroca’, co que se aproximarán á escritura para viola da gamba de Marin Marais e François Couperin. A linguaxe retórica impregna todos os parámetros compositivos das obras que van interpretar, desde a estrutura xeral ata os máis pequenos ornamentos. Completa o programa unha composición para clavicémbalo de Louis Couperin.

A 15ª edición das Noites de Música Antiga pecharase o venres seguinte, 19 de xullo, co concerto de Ars Longa, formación cubana especializada na interpretación historicamente informada con trinta anos de traxe