A Deputación destina 260.000 € para que 48 concellos da provincia realicen actividades de fomento da igualdade e loita contra a violencia de xénero

A institución provincial repartirá axudas que oscilan entre os 2.000 e 6.000 euros cos que poderán financiar proxectos de prevención da violencia de xénero, de educación da igualdade, de conciliación, de sensibilización ou actividades inclusivas, entre outros

09/08/2024

Conferencia de prensa de Luis López 09-08-2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o reparto de 260.000 euros para que 48 concellos de menos 20.000 habitantes da provincia poidan realizar proxectos e actividades para o fomento da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. "este é un goberno comprometido coa igualdade –asegurou o presidente provincial, Luis López-. E con liñas de achegas como esta o que buscamos é seguir avanzando na igualdade e na loita contra esa lacra social que é a violencia de xénero".

En total, recibíronse 50 solicitudes doutros tantos concellos, das que dúas foron desestimadas por diferentes razóns, aprobándose finalmente 48. Cada un destes concellos recibirán axudas que oscilan entre os 2.000 e os 6.000 euros para financiar proxectos de prevención da violencia de xénero, de educación da igualdade, de conciliación, de sensibilización, de comunicación, actividades inclusivas, etc.

En concreto, na contorna de Vigo e no sur da provincia son 20 os concellos que reciben achegas: A Cañiza contará con 4.894 €, A Guarda con 6.000 €, As Neves con 5.995 €, Arbo con 4.289 €, Baiona con 5.953 €, Covelo con 5.959 €, Crecente con 4.287 €, Gondomar con 3.442 €, Mondariz con 6.000 €, Mondariz-Balneario con 5.954 €, Mos con 6.000 €, Nigrán con 6.000 €, O Rosal con 5.965 €, Oia con 3.446 €, Pazos de Borbén con 5.989 €, Salceda de Caselas con 5.554 €, Salvaterra de Miño con 4.839 €, Soutomaior con 6.000 €, Tomiño con 6.000 € e Tui con 6.000 €.

Na contorna de Pontevedra reciben axudas dez concellos: A Lama 4.680 €, Barro 6.000 €, Caldas de Reis 6.000 €, Campo Lameiro 6.000 €, Cuntis 3.629 €, Moraña 5.354 €, Poio 6.000 €, Ponte Caldelas 6.000 €, Portas 5.179 € e Vilaboa 6.000 €. Tamén son dez os concellos da comarca do Salnés que se beneficiarán desta liña de axudas: A Illa de Arousa recibirá 6.000 €, Cambados 5.279 €, Catoira 2.100 €, Meis 6.000 €, O Grove 6.000 €, Pontecesures 5.973 €, Ribadumia 5.444 €, Sanxenxo 6.000 €, Valga 5.056 € e Vilanova 5.930 €.

Ademais, no Morrazo Bueu contará con 5.389 € para as actividades para o fomento da igualdade e Moaña con 6.000 €. Por último, na comarca de Deza e Terra de Montes serán seis os concellos que recibirán as axudas: Agolada contará con 4.096 €, Cerdedo-Cotobade con 5.280 €, Dozón con 4.179 €, Rodeiro con 5.829 €, Silleda con 6.000 € e Vila de Cruces con 5.400 €.

 

videos

audios