A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á Festa dos Vellos de Cabral

01/06/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu en Cabral á Festa dos Vellos que organiza a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva desta parroquia viguesa. Na celebración, Sánchez puxo en valor o papel tan importante na sociedade das persoas maiores, cuxa “sabedoría e experiencia é vital para que poidamos construír unha cidade de Vigo e unha provincia mellores”. Tamén remarcou o seu exemplo de “superación, traballo e esforzo, incluso nos momentos máis difíciles, que merecen unha homenaxe os 365 días do ano” e aproveitou para recordar algúns dos programas que impulsa a Deputación de Pontevedra para os maiores, como “+Convivencia”, “Provincia Activa” ou “+Benestar”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.