#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

A RAMBOIA: Un tal Romeo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Adulto. Maiores de 14 anos

  • Duración del espectaculo: 70 min

  • Persona representante : Fran Lareu

  • Datos de contacto : 635 815 558 - teatrodaramboia@gmail.com

  • Página web del grupo : https://drive.google.com/drive/folders/1MuvAU_QNZHNXXsXUmwL5MOmsf2o4pqhP

  • Sinopsis de la compañia :

    A Ramboia é unha compañía creada no 2019 por Anxo García, Fran Lareu e María Peinado. Ideada co fin de crear un espazo propio desde o que indagar na relación do teatro coas distintas artes, así como explorar a súa intersección na multiplicidade do teatro de obxectos, desde un prisma contemporáneo. No 2019, estrean o seu primeiro espectáculo, O meu mundo non é deste reino, despois de gañar o I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Con este espectáculo acadan unha boa posición de visibilidade no panorama teatral, así como dous premios María Casares 2020 a Mellor Dirección e Mellor Adaptación para María Peinado.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Arroupado por unha tremoia escénica viva, un actor prepárase para interpretar o papel de Romeo. Repasa pasaxes da obra shakespeariana, colga o cartel de función cancelada e a continuación, destrúe a martelazos o balcón de Xulieta. A través de diversos Romeos descontextualizados redefine o seu concepto de amor e a súa inherente masculinidade infecciosa que o incapacita para a vida e para o teatro. Repasa eses catro días que transcorren na peza shakespeariana e como Romeo, experimenta unha concatenación de primeiras veces; perde a virxinidade, casa, mata a alguén, é desterrado e intenta quitarse a vida. Un manic monday en Verona. Unha ironía metateatral de contrastes e tensión rítmica entre ondas coreográficas. NON TES O PERFIL PARA UN ROMEO. NON AMOSES OS TEUS SENTIMENTOS EN PÚBLICO. XAMÁIS SERÁS PROTAGONISTA. O AMOR É SEMPRE SECUNDARIO. Que difícil é querer no 2024, que difÍcil é quererse.

  • Caché con IVA : 2640 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3300 €

  • Técnica